Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ NA SÚA CANLE SECRETA

€11,00
ISBN 9788484871347

Henrique Rabuñal ofrécenos unha viaxe intensa pola biografía intelectual do polígrafo tudense Xosé María Álvarez Blázquez (1915-1985), un amante da liberdade e da dignidade que fixo da palabra oral e escrita a súa fermosa arma de intervención. Xosé María foi mestre da República, libreiro, editor, escritor, profesor, articulista, arqueólogo, bibliófilo, conversador, conferencista, académico, galeguista, cronista de Vigo, ávido coleccionista, pai, voz da radio e erudito en moitos saberes.

A presente obra retrata a súa etapa de formación en Tui e Pontevedra, os crueis desterro e exilio interior, os seus proxectos Monterrey e Castrelos asentado en Vigo, a súa obra de creación literaria e en definitiva a súa grandiosa presenza no século XX galego.

Nesa medida trátase dunha homenaxe a quen ten un lugar entre as grandes personalidades das nosas letras e da posa patria.

_____

Editorial: Laiovento 2008

Idioma: Galego