Ir ao contido

XOGO SUCIO

€12,20
SKU 9788498653533
Unha novela policíaca, que é tamén unha historia de amor que desemboca nun inesperado final.

O protagonista e narrador desta historia é un escuro traballador barcelonés que coñece casualmente a unha fermosísima e enigmática rapaza. Ese encontro vai determinar un cambio radical na súa vida, pois a paixón amorosa que o domina o levará a facer cousas das que nunca se tería considerado capaz. As ambicións durmidas e a arela de emprender unha vida nova, distinta á que lle tocou en sorte pola súa modesta condición social, son outros elementos dos que o autor bota man para facturar un relato tan sobrio como intrigante.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego