O XOGO DAS CADEIRAS — Librería Abrente Ir ao contido

O XOGO DAS CADEIRAS

€14,50
SKU 9788494653858
Unha novela de carácter intimista que, a través dos testemuños de varias mulleres –Martiña, Teresa e Eulali, eixes que sosteñen a narración–, indaga nas engrenaxes da memoria.

O pasado, que abrangue dende a primeira infancia até case os intres finais da vida, ten pois un peso capital, en tanto que arquivo de experiencias e lembranzas dos distintos personaxes. A historia acontece nunha pequena vila portuaria de Euskal Herria, e artéllase a partir do simbolismo que atesouran as cadeiras da pastelaría rexentada por Ixabel, lugar de encontro dun grupo de clientes xa na ancianidade. No local técense interesantes conversas que se van enfiando cos pensamentos dos personaxes, e que alternan presente e pasado para conformar, por medio de escenas, unha completa liña vital: dende os inxenuos tempos da infancia, pasando pola represión, as traizóns ou os abusos de poder, en plena guerra civil, até a madureza e a senectude, coa morte sempre á espreita.
No plano estilístico, cómpre destacar un estilo directo e sinxelo, a ausencia de adobíos e unha acaída división en breves capítulos e secuencias que invitan o lectorado a reconstruír o carácter fragmentario da novela.




Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego