Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XENTES DO MAR DO GROVE

€30,00
ISBN 9788478244875

Velaquí algunhas historias de homes e mulleres do mar do Grove. Os mariñeiros que saían ao mar nas súas dornas realizaron un duro traballo que sufriu moi poucas variacións ao longo dos séculos, e estes non son precisamente tempos que premien os grandes sacrificios. Aínda así, estes mariñeiros séntense orgullosos de ser dos poucos que aínda traballan na súa dorna, unha embarcación case tan antiga coma o seu propio oficio.

O Grove é unha das últimas zonas onde aínda se poden atopar estes auténticos lobos de mar e mergullarse na súa memoria, que contén un patrimonio de incalculable valor para todos nós. Porque eles son os últimos da súa estirpe, son historia viva do noso país, e só os seus testemuños directos poden deixar constancia desta centenaria tradición, por desgraza, a piques de desaparecer da nosa Galicia costeira.

Limiar de Francisco Fernández Rei. Fotos de Xurxo Lobato.

____

Editorial: Sotelo Blanco 11-2023

Idioma: Galego