Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

XELA QUIXO SER ELA. BIOGRAFÍA DE XELA ARIAS

€12,50
ISBN

A poeta Yolanda Castaño cóntanos neste libro a vida de Xela Arias e móstranos como xa na infancia dunha nena escritora se albiscan os valores que guiarán o seu camiño: queimar vellos prexuízos, desoír expectativas, rebelarse contra as imposicións e non deixarse guiar por modelos de segunda man. A biografía de Xela Arias é a aventura radical de chegar a ser unha mesma.Xela Arias foi precursora e un auténtico referente para xeracións de autoras galegas. Unha muller que deixou a súa pegada na renovación de tres campos: a poesía, a tradución e a edición de libros na nosa lingua; dende a independencia, a sensibilidade e a perspectiva de xénero.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Galego