Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XELA ARIAS. A LITERATURA E A VIDA POR ELECCIÓN

€18,00
ISBN 9788418445491

O seu libro máis transgresor, obrigada referencia na obra de Xela Arias, unha criación combinada de poesía e fotografía, nacida man con man entre a poeta e o fotógrafo Xulio Gil. Inclúe dous traballos críticos de Xosé Enrique Acuña e María Xesús Nogueira.

Tigres coma cabalos (1990) é o segundo poemario da autora. Nesta obra a fotografía impera tanto como a palabra. Imaxe e voz harmonizan da forma máis natural. Son 48 fotos en branco e negro, de Xulio Gil; e 48 poemas, de Xela Arias. Así explican os autores o espíritu desta obras no prólogo:

Fotógrafo e poeta propuxéronse facer cada quen 24 orixinais en cadanseu medio e en cadansúa respectiva soidade. Logo veu o intercambio e cada un deles traballou 24 novas creacións sobre os orixinais do outro. Iso foi o modo. Agora non lles interesa fixárense en qué foi feito antes e cal mellor resolto. Aquí ofrécenvo-los resultados nunha orde que nada ten que ver coas cronoloxías, e contentaríanse, en canto á proposta,con que atopasedes algo na unión dos dous medios, e dos dous sentidos -mesmo na distancia- e con que tamén vos despreocupase o cómo e quedasedes co qué e porqué. En todo caso, aí quedan. Nin pés de foto, nin ilustracións ó texto. Se tal, a historia.

Na poesía de Tigres coma cabalos destaca unha evolución estilística, na que a autora presta maior atención á forma, cunha estrutura menos arbitraria da sintaxe e un uso máis ortodoxo dos signos de puntuación

____

Editorial: USC
Idioma: Galego