Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

XAN E PERICÁN

€9,50
ISBN 9788497821247
"Xan e Pericán" de Daniel Ameixeiro é unha narración que, aproveitando a estrutura dos contos acumulativos tradicionais, permite aos lectores avanzados de sete anos en diante unha viaxe polas tres portas da fantasía. Ao xeito da Alicia de Carroll, Xan e Pericán, os dous amigos caen no burato da imaxinación que os ha levar a coñecer personaxes máxicos e a superar probas nas que deben poñer en xogo todas as súas mellores habilidades. As espléndidas ilustracións a toda cor de Andrés Meixide realzan este texto, finalista do Premio Merlín de literatura Infantil 2003.

Xan é pequeno e gordecho, comellón e durmiñoco. Pericán é máis alto, come pouco e dorme menos. Xan e Pericán son deses amigos que sempre se perden nos camiños. Un día atopan un buraco no chan que os leva a unha cova con tres portas pequerrechas. A primeira era unha porta amarela cun cartel que poñía: "Aquí é onde comeza todo". A segunda era unha porta verde que poñía con letras grandes. "Se entras, nunca te perdes". A última era encarnada e tiña un sorriso pintado no que non poñía nada. A través das tres portas, Xan e Pericán coñecen a Anacleta que anda en bicicleta; ao señor Comendador, que vai en tractor e toca o tambor; a don Torcuato, o que vende vasoiras e amaña os zapatos; a don Claudio, médico de bruxas, xigantes e ananos...

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • ANDANZAS DE XAN FARRAPEIRO

    ANDANZAS DE XAN FARRAPEIRO

    Ramón Caride
    €9,50

    Andanzas de Xan Farrapeiro é a reinvención que Ramón Caride realiza dun conto marabilloso ben coñecido, aquela historia dun Xanciño pobre que se fa...

    Ver todos os detalles
  • UXIO E AMIGOS.

    ROMERO, MARTIN
    €14,00

    Uxío e amigos é unha nova historia perfecta para primeiros lectores en castelán, euskera, catalán ou galego, que inclúe mensaxes tan importantes co...

    Ver todos os detalles
  • O TRASNO DE ALQUEIDÓN

    O TRASNO DE ALQUEIDÓN

    Marilar Aleixandre
    €8,90

    Premio Rañolas ó Libro Infantil e Xuvenil do Ano, 1996 Este libro está formado por tres contos: "O trasno de Alqueidón" Inés e Diego teñen unha ca...

    Ver todos os detalles
  • A TATARUGA QUE QUERÍA DURMIR

    AA. VV.
    €13,50

    A tartaruga ten moito sono e vai durmir o inverno todo. Cando xa está na cama, despois de cumprir co ritual para ir durmir (cepillar os dentes, poñ...

    Ver todos os detalles
  • O OUTEIRO DO AMIEIRO

    LERTXUNDI, ANJEL
    €14,70

    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas. E non é que sexa ...

    Ver todos os detalles