Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

X. MARÍN. ARTE E COMPROMISO NO HUMOR GRÁFICO GALEGO

€28,00
ISBN 9788491511687
Que Xaquín Marín é un dos artistas máis importantes do noso tempo é algo que ninguén discute. Dende hai décadas leva exercendo un constante e comprometido labor centrado na arte plástica dende moitos puntos de vista.

Coñecido polo gran público como humorista gráfico, a súa biografía de artista agocha moitas dimensións. Polifacético, politicamente entregado á causa galega e á defensa dos dereitos humanos, quen se achegue a esta obra descubrirá un home do seu tempo que nunca se agocha, que sempre puxo o seu pincel e a súa mirada crítica ao servizo dunha maneira de ollar e de sentir que o fai merecente, como poucos, do título de Bo e Xeneroso. Félix Caballero revisa, estuda e analiza a súa impresionante obra gráfica, neste libro. Un traballo inmenso para un artista inmenso.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego