Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

VIAXES NO PAÍS DE ELAL

€10,50
ISBN 9788471548344
Un libro de viaxes que tamen é relato de aventuras, crónica de actualidade e fascinante persecución das pegadas da participación galega na colonización da Patagonia.

Esta é unha crónica nacida das travesías que Xavier Alcalá leva feito, nos máis variados medios de transporte, polas latitudes austrais da República Arxentina. O país de Elal é a Patagonia, o inmenso territorio que habitaba a raza dos tehuelches ata que alí chegaron outros homes que a si mesmos se denominaban galegos. Desde Bariloche, na cordilleira dos Andes, ata Punta Arenas, no Estreito de Magallanes, o escritor viaxeiro vai deixando constancia de lugares que se chaman Comodoro Rivadavia, Aldea Beleiros ou Río Gallegos, vestixios inequívocos dun dos episodios máis sobresalientes e aínda descoñecidos da nosa historia colectiva.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego