A singular personaxe desta obra, Manuel de Paderna, xa percorreu vagorosamente a súa tribo natal e todos os recantos da Terra Chá. Fíxoo en dúas obras anteriores de Manuel María: A tribo ten catro ríos e Cando o mar foi polo río. Agora, bótase a camiñar de novo e visita as sete cidades do Reino de Galiza e mais Pontevedra. A través de fermosas historias, vainos descubrir a orixe sorprendente dos seus elementos máis emblemáticos .... E aínda lle ha quedar tempo para visitar o trasmundo.
____
Editorial: Casa Museo Manuel MaríaIdioma: Galego