Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VÍA VIGO EL CABLE INGLES - EL CABLE ALEMAN

Esgotado
€25,00
ISBN WP396
Durante máis de medio século, Vigo erixiuse na porta de entrada e saída das telecomunicacións da Europa continental co resto do mundo. Foi unha das etapas máis gloriosas da cidade.

Un dos primeiros obxectivos da Eastern Telegraph Company Ltd.,que á altura do ano 1872 xa era unha das empresas máis grandes do mundo, foi o reforzar a liña Inglaterra-Lisboa-Xibraltar, para o que, en 1873, procedeu a tender dous novos cables telegráficos submarinos desde Porthcurno a Vigo, e desde Vigo a Carcavelos. Deste xeito, a cidade galega, por causa, entre outras razóns, da seguridade que ofrecía o seu porto para o amarre do cable, resultou a escollida para a creación dunha nova estación internacional de telegrafía submarina, converténdose así na cidade española mellor comunicada co resto do mundo.Co paso dos anos, ata 5 cables internacionais de telegrafía submarina chegaron a un Vigo que, durante practicamente medio século, exerceu de porta de entrada das telecomunicacións en España: "Vía Vigo" dicían os telegramas nacionais para facer referencia á procedencia da súa información. O Cable Inglés, nome co que foi coñecida desde un comezo a Eastern Telegraph Company Ltd. en España, instalou a súa primeira oficina no número 20 da entón céntrica e populosa rúa Real. Os trámites portuarios dos buques cableiros Minia e África encargados de tender os cables submarinos internacionais no ano 1873, foron atendidos por Estanislao Durán Civeiro, fundador da prestixiosa empresa de Vigo Consignatarios Durán..... Blog: "Tira do Cabe"

____