
VERSOS DUN FISTOR REPUBLICANO, MARXISTA, ATEO E UN POUCO EPICÚREO
As súas composicións, de temática variada, como o propio título indica, están escritas «desde a concepción que as clases subalternas teñen das cousas e da sociedade».Versos antifascistas, versos contra a corrupción, o capitalismo e a monarquía, versos sobre lingua e literatura, versos de amizade e agradecemento, versos de homenaxe a republicanos exemplares, loas ao viño, á música e á rexouba, cántigas e cantigas... Todo isto e moito máis atoparemos nesta agardada compilación dos poemas de Xesús Alonso Montero, fistor letrado que, cando o ve necesario, utiliza con mestría o «alferrón cuestionador».
____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego