Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

VENTO E CHUVIA. MITOLOXÍA DA ANTIGA GALLAECIA

€12,50
ISBN WP3714
Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. EDICIÓN DE CAMPO.

Nun territorio extenso, misterioso e brutal no que aínda hoxe vivimos, os deuses conviviron cos homes, beberon da súa cervexa, participaron das súas batallas, exiliáronse nos seus montes. Nas vellas aldeas, na noite dos castros, hai máis de dous mil anos, alí onde hoxe vemos mudas ruínas circulares e murallas derrubadas, contáronse historias fermosas transmitidas de xeración en xeración. Historias de deuses que viven, que nacen, choran, aman, sangran, viaxan de monte en bosque, e das illas ás costas; historias nas que non existen fronteiras entre o real e o fantástico, porque, coma no tempo de hoxe, o mundo dos homes é sobre todo imaxinación. Deuses e homes corren baixo a chuvia, e as súas palabras son levadas polo vento e as augas, que son a cerna de Galicia.Esta “edición de campo” incorpora novos contidos con respecto á anterior, e que se substancia nun prólogo adicional para esta edición e toda unha serie de notas acompañando cada un dos relatos, con interesantes propostas para profesores, pais e rapaces para explorar e viaxar polo territorio galego, gozando da arqueoloxía e podendo xogar coa interacción entre historia e ficción que se propón todo o tempo nas historias dos deuses. Ademais, inclúense os roteiros antes só dispoñibles na web oficial. Gago Mariño, Manuel Manuel Gago Mariño (Palmeira, Ribeira, 1976) é doutor en Ciencias da Información. Na actualidade é director de culturagalega.gal e profesor na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Especialista en Novos Medios, imparte docencia en universidades galegas e estranxeiras sobre cultura, comunicación e formatos dixitais aplicados á información e aos estilos de vida. Ademais, é editor de Capítulo Cero (www.capitulocero.org), un dos blogs referentes da rede galega. Tamén é promotor de numerosos proxectos de difusión científica en Humanidades e de recuperación social do patrimonio cultural galego. (Foto de Manuel Gago de Sole Felloza)    

____