Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O QUE VEN OS OLLOS DOS NENOS

€12,15
ISBN 9788483025987
“Non é cousa doutro mundo pintar o que ven os ollos dos nenos”, escribiu Castelao, dando pórtico a este libro de prosa poética de Antonio García Teijeiro. En O que ven os ollos dos nenos, terceira entrega da colección “A letra durminte”, agroma a palabra espida, sincera e espontánea dos que están a descubrir o mundo:

“O muro está fermoso. O neno e maila nena sorrín, cóllense da man e comezan a canta-la canción da esperanza; senten así que están vivos”.O que ven os ollos dos nenos, ilustrado polas expléndidas colaxes de Fino Lorenzo, evoca a palabra dos poetas máis queridos de Teijeiro: Iglesia Alvariño, Noriega Varela, Amado Carballo, Celso Emilio Ferreiro, Xohana Torres, Federico García Lorca, Rafael Alberti.... Apaixonado pola literatura máis comprometida dos sentimentos, Teijeiro dirixe neste libro absolutamente singular, a súa mirada sobre o muro da poesía e da vida. Denuncia a inxustiza do noso tempo: dende as fames do Sudán, a situación de Chiapas, as guerras de Afganistán e Kosovo, ata a traxedia dos refuxiados que se desprazan cara a ningures... Libro escrito con prosa moi coidada e de grande beleza, O que ven os ollos dos nenos, é un berro pola cultura da paz e da tenrura sen límites que venza o paso do tempo.

____

Editorial: Xerais
Idioma: Gallego

También te podría interesar...

  • OS LAPIS PRIMOS

    OS LAPIS PRIMOS

    José A. Ramírez Lozano
    €15,50

    Xa sabemos que para escribir podemos utilizar lapis, bolígrafos, plumas, rotuladores, xiz... mais, que pasaría se tentásemos facelo cos primos dos ...

    Ver todos os detalles
  • O CANTAR DOS MÚSICOS ERRANTES

    Xulio López Valcárcel
    €17,90

    2ª EDICIÓN “Como músico de vello e escritor, non podo por menos que felicitarme dobremente pola aparición deste libro de Xulio Valcárcel. Como músi...

    Ver todos os detalles
  • PAZO DE TOR

    PAZO DE TOR

    Luz Pozo Garza
    €12,50

    Aos seus 96 anos de idade, publica novo libro unha das voces máis destacadas da poesía galega das últimas décadas. En Pazo de Tor, Luz Pozo Garza v...

    Ver todos os detalles
  • LUZES 123. MUNDO LUGRÍS

    VV AA
    €6,00

    Descobre o mundo de Lugrís nun especial dedicado ao seu mundoe a súa obraO artista galego morreu hai 50 anos, pero o universo que extraeu dos fondo...

    Ver todos os detalles
  • A LIÑA DA VIDA

    Álvarez Cáccamo, Xosé María
    €16,00

      Xosé María Álvarez Cáccamo levaba xa nove anos sen publicar un libro individual dirixido a adultos e A liña da vida, que acaba de editar Chan da ...

    Ver todos os detalles