Unha casa non é unha maquina para vivir, é un ser co que relacionarse.
Os lugares de residencia xogan un papel crucial no desenvolvemento da poboación. Vivendas unifamiliares, edificios, e mesmo aldeas enteiras, son os lugares onde acontece todo o que finalmente formará parte da memoria individual e colectiva. Mais, que ocorre cos lugares de non residencia?
Alba Doval cuestiona en Unidade os non lugares como espazos abocados ao esquecemento pola natureza transitoria da nosa convivencia con eles. A partir dunha viaxe a unha cidade da costa mediterránea francesa, trata a relación entre a persoa e o lugar habitable vivo que é capaz de infrinxir un dano impropio dos seres inanimados, un dano que sen dúbida permanecerá na memoria.
"Algunhas veces, quen fala nestes poemas escolle subir a montaña ou o edificio, apriveitar a ampla xeometría de ver sen ser vista. Pero as máis delas descende ás profundidades, introduce os antebrazos na terra e toca os cimentos da cidade secreta" Alba Cid
____
Editorial: Rodolfo e Priscila 2021Idioma: Galego