UNHA VIDA ENTEIRA — Librería Abrente Ir ao contido

UNHA VIDA ENTEIRA

€15,00
SKU 9788417388089
Andreas Egger chega de neno aos Alpes austríacos, onde o acolle unha familia de labregos. Co tempo, convértese nun home de poucas palabras que traballa na construción do teleférico. O amor da súa vida, Marie, falece axiña, embarazada do seu primeiro fillo, e Andreas deixa o val para loitar na Segunda Guerra Mundial, onde é tomado como prisioneiro no Cáucaso. Á súa volta, o “progreso” cambiara mesmo o seu remoto paraíso.

Robert Seethaler (Viena, 1966) é un actor e escritor austríaco que vive entre Berlín e Viena. No cinema, apareceu canda Rachel Weisz no filme Xuventude, de Paolo Sorrentino. Autor de notable éxito, destaca polas súas novelas Der Trafikant e Unha vida enteira, traducida a máis de trinta idiomas e candidata ao Man Booker International Prize no ano 2016.



Editorial: Rinoceronte
Idioma: Gallego