Publicada orixinalmente en lingua inglesa no ano 1923, ten como protagonista a suxestiva Marian Forrester, que Willa Cather, gañadora dun premio Pulitzer, presenta a través da voz narrativa e da mirada fascinada e esperta de Niel Herbert dende cativo.
A historia, enriquecida cun fato de personaxes perfilados con habelencia –como o capitán Forrester, o matrimonio Ogden ou o avogado Ivy Peters–, está ambientada en Sweet Water, unha localidade ficticia que, coma noutras obras de Cather, se enmarca nos tempos do gran desenvolvemento do Vello Oeste americano. A prosa sinxela, nostálxica e evocadora da escritora permite penetrar nunha historia salientable en canto ao tratamento do paso do tempo ou á súa capacidade para transmitir a beleza e a decadencia dun estilo de vida refinado que esmorece de forma inexorable. Tamén, no que se refire a Niel Herbert, contén moitos dos trazos característicos da novela de formación, entre outros a decepción que a miúdo acompaña a entrada na madureza.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Hugin e MuninIdioma: Gallego