Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

UNHA LÚA NA FIESTRA

€8,80
ISBN 9788471549051
Cinco contos fantásticos cos nenos e as nenas como protagonistas.

Este libro está formado por cinco relatos que sorprenden polo seu carácter interactivo, pola súa perfecta adecuación ao traballo nas aulas e pola súa agradabilísima lectura. No conto que lle dá título ao libro a nena que o protagoniza recibe durante a noite de San Xoán a visita dunha nova e rara amiga. A máquina do tempo propón a reflexión sobre un futuro que está en mans dos lectores. En A sombra do dragón, Marta experimenta a opresión e o medo a través da inxustificada dureza dun profesor. Tareixa e a cama máxica introdúcenos nunha aventura na que se mesturan realidade e imaxinación. O rescate das palabras conta a rebelión dos rapaces de Vilabranca contra as ridículas ordes dun gobernador empeñado en prohibir o uso de calquera palabra que conteña a letra P.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego