Discurso lido no acto da súa recepción, pola excelentísima señora dona María Rosa Lojo e resposta do excelentísimo señor don Víctor Fernández Freixanes.
O solemne acto académico en que foron lidos os dous discursos recolleitos no presente volume celebrouse o día 28 de setembro de 2022 no salón de actos da Real Academia Galega.
A académica de honra aborda no seu discurso o estudo dos estereotipos galegos no seu país natal e as súas transformacións, deténdose na emigración, o exilio e os espazos simbólicos e a súa influencia na identidade arxentina.
___
Editorial: RAG 2022Idioma: Galego