UNHA ETAPA ESTELAR E CONFLITIVA DE GALIZA. TOMO II. ( A SEGUNDA METADE DO SÉCULO XIV)
Tomo II: Un reino con clase dirixente
O reino galego , de grande peso en todas as ordes, estivo integrado nunha monarquía plurinacional de forma inestábel e conflitiva, desde 1230. Desde a perspectiva galega, das opcións e alternativas das súas clases dirixentes, como reino que foi epicentro dun dos bandos confrontados , o lexitimista ou catrista, fronte aos falsos Trastámara, analízase, neste Tomo II, unha conxuntura conflitiva, tamén estelar, o seu desenlace e as súas consecuencias, na segunda metade do século XIV. A análise histórica dá así pé a que se manifeste a coherencia que movía as nosas clases dirixentes nun intre tan delicado, a súa estratexia política e os seus obxectivos. Desta meneira, afóndase en cuestións como a saga dos Castro, en especial en Fernando Ruys de Castro, nesta conxutura crítica, lider indiscutíbel do movemento castrista contra os Trastámara; debúlllanse aspectos do seu programa como a reunificación con Portugal, a alianza cos burgueses e o importante papel das vilas e cidades na conformación progresiva da conciencia nacional galega. E, por susposto, préstase atención especial ao proceso de normalidade de usos, en substitución do latín, do idioma galego, clara defensa dun espazo de comunicación propio que manifesta un poder protector. O lector tamén ten oportunidade de comprobar como se reflectiu nas crónicas e na históriagrafía posterior esta etapa estelar e conflitiva do reino de Galiza, cuxo desenlace tivo importante transcendencia para o país.
Este Tomo II é a visión dunha Galiza que entra nunha encrucillada crítica, conflitiva. O reino enfrontouna desde unha estratexia que mantiña os obxectivos que deran lugar ao momento de maior esplendor cos reis Fernando II e Afonso VIII, en defensa da capacidade de decisión do reino. Fíxoo cunha visión que aliaba o mellor da nosa tradición histórica coa asunción de mudanzas, económicas e sociais, que tiñan, na Galiza, manifestación avanzada. É por iso que a análise desta conxuntura crítica na segunda metade do século XIV, no contexto dunha guerra peninsular e europea, e as súas causas, resulta máis clarificadora e fundamentada se se coñece a historia galega dos séculos anteriores, o que pretendemos co Tomo I. Entón aparece, de forma prístina, unha coherencia interna na evolución do reino, unha serie de trazos que o caracterizan na súa especificidade e na súa relevancia.
____
Editorial: AS-PG 9-2022
Idioma: Galego