Breogán é un neniño emigrante galego en Nova York que convive no seu barrio de Astoria con outros nenos emigrantes de diferentes nacionalidades: gregos, xaponeses, chineses, brasileiros, irlandeses, portoriqueños, italianos etc.
Breogán dase conta de que os seus amigos amais de falar inglés falan na súa casa no idioma de seu; Breogán fala galego, pero outros nenos galegos que viven en Nova York falan español cos seus pais. Cando Breogán visita Galicia non ten problema ningún para comunicarse coa súa familia e cos seus amigos en galego.

____