Nº 13 da colección "O papel do teatro", que acolle as obras levadas a escena polo Centro Dramático Galego (CDG), coeditada pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Edicións Positivas.Un hotel de primeira sobre o río é o resultado do diálogo do texto orixinal de Xohana Torres co teatro de movemento, a danza, a música e as artes visuais coa proposta dramatúrxica dos directores Gonçalo Guerreiro e María Torres.Cunha coidada composición estética e unha rigorosa investigación sobre xestos e imaxes, a peza convídanos a abordar diferentes xeitos de vivir no ámbito rural e a cuestionar a xestión dos recursos naturais, a especulación urbanística, a depredación do medio natural e o desarraigamento.
____
Editorial: XUNTA DE GALICIA 05- 2022Idioma: Galego