Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

UN HOME DO POBO

€16,50
ISBN WP2401
Cunha escrita sobria e irónica, Achebe constrúe unha das novelas máis politicamente abafantes da Literatura. A novela presenta os distintos procesos de intimidación civil e social que é posible exercer, coa maior efectividade, dende os círculos de poder; analiza con frialdade os mecanismos e engrenaxes capaces de sumir un pobo na violencia e corrupción institucional máis repugnante.

Cunha escrita sobria e irónica, Achebe constrúe unha das novelas máis politicamente abafantes da Literatura. A novela presenta os distintos procesos de intimidación civil e social que é posible exercer, coa maior efectividade, dende os círculos de poder; analiza con frialdade os mecanismos e engrenaxes capaces de sumir un pobo na violencia e corrupción institucional máis repugnante. Faino a través da relación entre dous homes: o xefe Nanga, ministro, e Odili, mestre de escola.
Para un lector galegofalante, e consecuentemente bilingüe, hai dous aspectos a maiores que converten a lectura en obrigada: o lingüístico, dado o enorme respecto que Achebe ten polo plurilingüismo; nesta novela o autor alterna pasaxes en inglés e pidgin, que na tradución ao galego precisaron dun esforzo extra por parte da tradutora. E en segundo lugar, o fondo caciquil, onde salvadas as distancias con respecto á violencia física e as características específicas de cada pobo, o certo é que as estruturas de corrupción, hoxe, non son tan diverxentes entre o mundo africano que describe o autor e Galicia.

____