Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

ULTREIA (GALEGO)

€21,00
ISBN

" Ultreia" é o xogo de cartas co que coñecer e gozar a maxia do Camiño de Santiago mentres peregrinas sen moverche da túa casa.

Peregrinas cara a Santiago de Compostela. Quen chegará primeiro ao seu destino?.
Para selar a túa credencial e avanzar etapas necesitarás atopar pousada, admirar impresionantes monumentos, coñecer festas e tradicións ancestrais e recuperar as túas forzas cos manxares da gastronomía galega.
Pero unha boa peregrinaxe pola vella non sería nada sen a intervención das forzas misteriosas desta terra meiga. Isto está cheo de maxia!
Lanza feitizos que che axuden a cargar co peso da vida, conxura meigallos que atrasen aos teus opoñentes ou sementa o caos cunha boa trasnada.

En Ultreia existen cartas de varios tipos:
Cartas de aloxamento (hotel ou albergue)
Cartas de selo: Monumentos, Tradicións, Comidas e Festas.
Cartas de destino final: Santiago de Compostela, Destinos alternativos ou Sabedoría.
Cartas de maxia: Feitizos, Meigallos e Trasnadas.

De 2 a 9 xogadores
A partir de 10 anos
Duración media da partida: 40 minutos.

____

Idioma: Galego