Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TUNEL DE VENTO

€12,00
ISBN

Unha educación sentimental e moral construída a retallos e vida para poñela a proba. Túnel de vento é o título deste primeiro poemario de Mario Caneiro: versos que poderían ser as follas soltas dun diario espallado polo vento e recomposto con agarimo, pezas dun crebacabezas emocional necesariamente incompleto pero revelador.

Mario Caneiro Ameneiros. Nacido en Narón en 1969 e veciño de Compostela dende 1987, publicou a novela Homiños no ano 2012 na editorial Barbantesa; a súa tradución, Nunca quise ser niño, foi editada en 2015 por Pulp Books. Nese mesmo ano, e de novo en Barbantesa, publica o libro de relatos Emparellados e tres nenas, do que no 2020 nacería o conto ilustrado A nena (en colaboración coa ilustradora Eva Rieiro e publicado na editorial Medulia). A súa última narración foi a novela Ana e os homes, que viu a luz no ano 2017. Túnel de vento é o seu primeiro poemario.

____

Editorial: Barbantesa 2021
Idioma: Galego