Guadalupe coñece ben moitos dos segredos da súa familia, os Portela, e decide contalos. Faino polos seus sobriños, para que entendan de onde veñen e comprendan que pecado cometeu a súa nai para seren repudiados pola familia. Faino tamén para rescatar e reivindicar a memoria dalgunhas mulleres Portela que tentaron fuxir do seu designio e ser libres. E faino para que o seu compañeiro comprenda por que non quixo ter fillos e como ela é tamén vítima do fatalismo dos Portela. A historia da familia Portela é a historia dos segredos e mentiras, das (moitas) covardías e de (algunha) valentía dunha familia acomodada na Galiza do século XX.
Idioma: Galego
____
Editorial: BarbantesaIdioma: Galego