Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRÍPTICO TEATRAL

€16,00
ISBN 9788491517429

Limiar de Inma López Silva

Na súa incansábel actividade xornalística, Antón Villar Ponte nunca deixou de fixarse no teatro como espazo artístico coa dobre función de espallar o ideario galeguista das Irmandades da Fala e como ámbito de experimentación estética desde onde modernizar a cultura galega.

En 1928, a Editorial Nós inaugurou a súa colección Teatro Galego con Tríptico, que reunía as pezas: A patria do labrego (1905), Almas mortas (1922) e Entre dous abismos (estreada en 1920), e que o mesmo autor cualificaba como “documentos”, o que xustificaba a súa publicación pola vontade de amosar a evolución do teatro galego nos últimos anos a través da súa pluma.

Tres pezas dun renovador do teatro galego do seu tempo

______

Editorial: Galaxia 2021
Idioma: Galego