Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

O TRIÁNGULO INSCRITO NA CIRCUNFERENCIA

€26,50
ISBN 9788491512981
Unha referencia obrigada no panorama literario galego do último terzo do século XX. Publicada en 1982 e gañadora do Premio blanco amor e do Premio da Crítica

  A obra está ambientada en Vilanova de Alba, unha cidade galega imaxinaria, situada na costa das Rías Baixas. Nela está o pazo de Santa Cruz, da liñaxe dos mariñeiros de Lobeira de Alba, destacando entre eles o navegante Bartolomé, descubridor no século XVI dun estreito que une o océano Atlántico co océano Pacífico. A trama desenvólvese principalmente na Década Ominosa, na restauración do absolutismo tralo Trienio liberal. Xorde en Galiza unha oposición ao absolutismo e ao catolicismo, creándose unha rede de guerrillas con orixe na organizada anos antes na guerra da independencia española. Porén, hai numerosas referencias á historia da vila desde a idade media, cando un rei castelán lle dá un foro de vila e se converte na principal poboación mariñeira, até a idade moderna. Trala batalla entre as tropas leais ao goberno e á igrexa chegadas de Santiago de Compostela, a vila é queimada e desaparece non só fisicamente, senón dos mapas e da historia, pasando a ser unha cidade imaxinaria. A epopea, verdadeira e fantástica, dos vellos navegantes galegos. Unha ambiciosa metáfora que pretende explicar algúns dos momentos máis transcendentais de Galicia e a súa historia e que conseguiu os eloxios unánimes da crítica. O Triángulo Inscrito na Circunferencia é a primeira novela de Víctor F. Freixanes, coa que se situou decontado entre as figuras máis sobranceiras da narrativa galega de fins do século XX. Reeditada agora en versión revisada polo autor, confirma o seu posto de obra clásica da narrativa galega contemporánea. Fresco intemporal en que as épocas se funden e confunden nun quimérico Mar dos Espellos, trátase dunha obra en que o real e o irreal, o tanxible e o imaxinado teñen a mesma forma aos ollos da xente con problemas moi palpables e prácticos, mais cuxa vida sempre está a abeirar o mítico e o fabuloso, como en certas obras literarias medievais. Polo seu alento narrativo e o pulo da súa imaxinación, O Triángulo inscrito na Circunferencia é unha das creacións máis singulares da novelística galega. Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra, 1951) é doutor en Filoloxía Románica, pasou da docencia escolar ao xornalismo, de aí ao mundo da edición e, finalmente, á universidade. Actualmente é profesor de xornalismo en Santiago de Compostela, presidente da Real Academia Galega. En 1980 gañou o Premio Modesto R. Figueiredo co relato "A caza das cascudas". Posteriormente, coa súa primeira novela, O triángulo inscrito na circunferencia (1982) obtivo o Premio Blanco Amor. En 1989, publica O enxoval da noiva, novela que recrea a Roma dos Borgia, e en 1993 gaña o Premio Torrente Ballester con A cidade dos césares. Antes dera ao prelo Unha ducia de galegos (1976), fito na recuperación da memoria do galeguismo a través do xénero da entrevista, e Memoria dun fuxido (1980), baseada na vida do guerrilleiro Manuel González Fresco. En 2010 publica en Galaxia a novela Cabalo de ouros, co que obtivo o Premio Autor do Ano da Federación de Libreiros de Galicia. En 2012 obtivo o 1º premio 'Rosa dos Ventos' concedido polo alumnado de bacharelato do Instituto Santiago Apóstol de Bos Aires.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego