Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TRAUMA ESPAÑA E OUTROS TEXTOS

€14,90
ISBN 9791399037258

É o nacionalismo periférico o problema ou o é a propia estrutura do Estado? David Rodríguez inverte a ollada tradicional neste libro para analizar unha crise constitucional permanente que opera, aínda hoxe, baixo unha matriz colonial. Este volume abandona a posición defensiva e, como sinala Manuel Veiga no epílogo, pasa á ofensiva intelectual para denunciar como as elites se sitúan, sistematicamente, por riba da vontade democrática. Esta obra compila pezas publicadas entre 2020 e 2025 en diversas plataformas e soportes. O autor reúne textos da súa columna semanal en Nós Diario, ensaios na Revista Luces, colaboracións no Caseto do Espaço Clara Corbelhe, o blog O Funambulista Coxo e unha tradución dun prólogo de Gramsci para a editorial Verso. O conxunto supera o valor das súas partes. Organizado nos bloques «Trauma España», «Galicia, Galicia, Galicia» e «Hey Hey Vigo», o volume dota ao comentario de actualidade dunha solidez conceptual que busca romper o baleiro reflexivo do soberanismo. Estamos ante un ensaio necesario que desprega unha filosofía política incisiva para enfrontar, sen concesións, os vimbios dun imperio que nunca soubo construírse como nación.

____

     Editorial: Libros Lorref 05-2026
    Idioma: Galego
    Páxinas: 214
    ENSAIO
    SOCIOLOXÍA
    HITORIA