Neste libro tratase de precisar a toponimia dos lugares habitados da provincia na dobre vertente do significado da palabra. Primeiro, a localización xeográfica-administrativa de 4.400 lugares (casaríos, barrios, aldeas, vilares, vilas, etc.) indicando sempre a parroquia e o Concello os que pertence. E segundo, algunha teoría que explique por que ese lugar se chama como se chama. A miña laboura a este respecto non foi a dun erudito investigador senón algo parecido ó traballo que fai unha formiguiña
Hai traballos moi doutos e interesantes sobre a toponimia en xeral e sobre a toponimia galega en particular, pero eu botaba en falta unha divulgación, sinxela e popular, para as persoas non especialistas e o que fixen foi unha recompilación de todo o material que puiden atopar a eses efectos, resumilo e ordenalo alfabeticamente. A meta era explicar a orixe dos nomes duns 3.025 topónimos, a veces repetidos en lugares distintos. De moitos deles atopei a información precisa (ás veces con contradicións), pero ao final quedou unha cantidade de sitios (450-500) dos que, por non localizar nada, tiven que facer as miñas propostas e suposicións. Sempre advertindo desa circunstancia. A Bibliografía do final do libro é, exactamente, o conxunto de obras que “debullei” para chegar ó compendio final. Se ao final, este traballo resulta útil ou atractivo para alguén xa me considerarei con iso pagado
Idioma: Gallego

____
Editorial: Deputación de OurenseIdioma: Gallego