Ir ao contido

TOM, HUCK E O MISTERIO DA TRABE DE OURO

€10,00
SKU 9788415699996
Houbo un tempo en que a herba era máis verde, a luz máis clara e viviamos rodeados de amigos. Do mesmo xeito, Tom soñaba cada noite con aquel lugar sen horas onde era eternamente feliz coa súa benquerida Becky… e con Huck… que pasou con Huck?

A miles de quilómetros do seu fogar, nalgún lugar onde bate o nordés e sempre chove, o eco dunha lenda fai espertar arelas esquecidas no maxín de Tom, deprimido e abandonado de si mesmo. Se cadra esa é a oportunidade para abrir unha porta de volta cara a aquel mundo de tanto tempo atrás, na ribeira dun río sen fin. A fin de contas, nada ten que perder. XV edición do premio “Antón Avilés de Taramancos”

____

Editorial: Urco
Idioma: Gallego