Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TOKIO KOKORO

€40,00
ISBN 9788445344453

Libro de fotografías de Luis Ocaña seleccionadas da viaxe que o autor fixo a Xapón no ano 2006. A publicación acompañou a exposición do mesmo nome, que se presentou en Tokio a comezos de setembro de 2007.

Luís Alonso Ocaña, nado en Vigo en 1959 e finado en Brión o 18 de agosto de 2010, foi un fotógrafo galego.

A súa actividade profesional e creativa estivo sempre, relacionada coa imaxe. Estudou Fotografía publicitaria en Madrid. Traballou en campos tan diversos coma a fotografía, o deseño, a animación e modelaxe 3D, a dirección técnica de proxectos e a realización e edición de DVDs

Dende 1996 foi fotógrafo do banco internacional da imaxe AGE Fotostock co que distribuíu imaxes en máis de 30 países.

Durante os anos 1983 ao 1986 traballou para o Instituto da Caza Fotográfica e Natureza, Incafo, e a UNESCO, realizando traballos fotográficos para o Patrimonio do Mundo en Francia, Canadá e Estados Unidos.

 ____

Editorial: XUNTA 11-2024
Idioma: Galego/Inglés/Xaponés
Páxinas: 60 
TAPA BLANDA
Tamaño: 29x25 cm
FOTOGRAFÍA SOCIAL
FOTOCONCEPTUALISMO