Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TODO SE ESFARELA

Esgotado
€18,50
ISBN WP1118
Todo se esfarela narra a historia de Okonkwo, un gran guerreiro ibo, orgulloso das tradicións do pobo ao que pertence e marcado pola súa enorme ambición e medo ao fracaso. Tradución do inglés de Saleta Fernández

Todo se esfarela narra a historia de Okonkwo, un gran guerreiro ibo, orgulloso das tradicións do pobo ao que pertence e marcado pola súa enorme ambición e medo ao fracaso. Cando, despois de sete anos no exilio, regresa á súa aldea, Okonkwo atópaa baixo o influxo definitivo da nova relixión e a orde social que trouxo o home branco, e asiste con desesperación e impotencia ao esmorecemento de todo o seu mundo. Situando a acción en Nixeria a finais do século XIX, Chinua Achebe describe de forma sinxela e á vez maxistral, un mundo que se esfarela coa chegada do colonizador británico. O autor fainos partícipes da vida do pobo ibo, a través dos acontecementos que marcan o seu ritmo e das historias dos seus habitantes, para nos últimos capítulos converternos en testemuñas da súa irremediable e dolorosa perda. A novela Todo se esfarela (1958), na que se condensa o máis brillante do realismo narrativo occidental co máis xenuíno da tradición oral ibo, é a obra máis coñecida e laureada deste autor, e a primeira novela da chamada «Triloxía africana», que converteu a Chinua Achebe nun referente esencial da narrativa africana.

____