Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TODO O QUE DOE

€12,95
ISBN 9788411105620

Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero.

Levamos un tornasol de receo nos ollos e no corazón unha ferida aberta que non estiña nunca. Quizais porque fomos nenez nun cuarto cego para os afectos diferentes, quizais porque fomos voz amordazada por unha culpa salvaxe que nos era impropia, quizais porque non houbo espello de corpo enteiro no que mirarnos xuntas nin rúas que nos acollesen sen censurarnos.

María Carmen Caramés Gorgal

M. Carmen Caramés Gorgal (Santa Comba, 1966) comezou a súa andaina como poeta obtendo recoñecementos do Certame Rosalía de Castro do Centro Galego de Santander (2004) e do XII Certame Manuel-Orestes Rodríguez López (2007). En 2009 gañou, ex aequo, o Premio de Poesía Victoriano Taibo con Cuarto Minguante. Como narradora foi galardoada no XXXIV Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto R. Figueiredo e no premio de relatos de muller Matilde Bares (2011). Conseguiu o III Premio Pinto e Maragota pola diversidade sexual e de xénero coa obra «Todo o que doe» (Xerais, 2024).

____

Editorial: Xerais 05-2024

Idioma: Galego