Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TIVEN A CHAVE, A BICICLETA E OS CATRO LIBROS

€17,40
ISBN 9788491516248

Primeiras científicas na Universidade de Santiago.

Lonxe está aínda de ser unha realidade en todo o mundo, pero ninguén se atrevería hoxe a cuestionar a igualdade intelectual das mulleres e o seu dereito á educación. Tempo atrás, a situación era moi diferente, e chegar a onde nos atopamos requiriu moitos esforzos e moito tempo. Ese camiño é o que a autora percorre neste libro, onde nos explica que, dalgunha maneira, a entrada das mulleres na universidade foi un exercicio épico no que tiveron que loitar contra prexuízos e supostas argumentacións “científicas” para xustificar o que non é máis ca discriminación. Un texto que nos fai ver que, sen o labor desas pioneiras, a realidade, a delas, a de todos, sería aínda moito peor. Alén disto, a autora céntrase, moi en especial, nas mulleres científicas, no seu traballo cheo de dificultades, mais tamén de éxitos innegables.

____

Editorial: Galaxia

Idioma: Galego