Terceiro traballo da banda TIRULEQUE, Outro que tal baila, (2018) o segundo “MU” setembro 2013, e antes no 2009 o seu debut Tiruleque, Tiruleque.
Bebendo nas fontes desa tradición musical galega -tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros, pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo. Neste aspecto, a máxima de TIRULEQUE é acadar o seu propio son, identificable tanto en temas tradicionais como nas composicións propias, campo polo que o grupo mostra unha maior predilección.
TIRULEQUE leva percorrido a xeografía galega e estatal, deixando constancia da calidade dos seus directos coa participación en festivais de recoñecido prestixio, como os Festivais do Mundo Celta de Ortigueira ou Pardiñas, entre outros. A nivel internacional participou representando a Galicia no 41º Festival Intercéltico de Lorient. Tamén ten compartido escenario con artistas da talla de Milladoiro, Xosé Manuel Budiño, Susana Seivane, Uxía, Treixadura, Quempallou ou Kepa Junkera, entre outros.
*Ub: 0