Tiruleque presenta Mu!!, o seu segundo disco, un traballo de música tradicional que fusionan con ritmos cubanos e de swing, entre outros. O sete compoñentes da banda coruñesa pretende reivindicar a música galega con «chiscadas doutras culturas». Mu!!!, con once temas, un traballo para bailar, que se presenta con impactantes ilustracións de Ramón Astray. A particular interpretación da vaca que fai o artista aseméllase á revisión que fai o grupo de sonoridades tradicionais.
A banda presenta novo traballo desde que no 2009 editou un disco homónimo e durante este período houbo cambios dos seus integrantes, aínda que algúns como Pablo Pintor subiuse de novo con eles ao escenario.
*Ub: 0