Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TIMBROL E A PEGA (E OS DEMAIS)

€12,95
ISBN 9788411108027

Cando nace Timbrol, con el nace unha historia: a da pega que quer¡a roubarlle o seu embigo. Mais as historias nunca ve?en soas e na Aldea do Pé da Monta?a ninguén queda sen a súa: orellas que levantan vendavais, brazos infinitos por mor da preguiza, rostros que alumean a noite e melenas que escurecen o sol. E unha pega, sempre unha pega, a axexar as vidas de Timbrol e dos demais. E ela, como non, tamén ten a súa propia versión da historia. En nove relatos entrelazados, cóntanse, con humor e un chisco de crueldade, as vidas de Timbrol e doutros inadaptados que só desexan atopar o seu lugar no mundo.Un libro sobre a identidade cheo de fantas¡a e tenrura, que pescuda se realmente as nosas historias son tan nosas como nos gusta crer.

_____

Editorial:XERAIS 03-2026
Idioma: Galego
Páxinas: 80
INFANTIL - MERLÍN
A PARTIR DE  11 ANOS