THÉRÈSE RAQUIN — Librería Abrente Ir ao contido

THÉRÈSE RAQUIN

€15,00
SKU 9788494540301
O autor realiza unha meticulosa disección dos pensamentos da parella formada por Thérèse e Laurent, os cales entran pouco e pouco nunha espiral vertixinosa, arrastrados pola súa desorde orgánica até perderen o control na derradeira escena, dun horrible realismo.

Thérèse Raquin é a terceira novela de Émile Zola, a primeira que responde ás premisas do naturalismo e o seu primeiro éxito nas letras. A historia partiu dun relato publicado en Le Figaro en 1866, posteriormente desenvolvido até se converter nunha novela que apareceu por entregas en 1867 en L'Artiste. Nese mesmo ano apareceu nun volume exento. A segunda edición, de 1868, contén un prefacio explicativo, incluído neste volume, no que autor se defende das críticas que recibiu. A novela amosa na súa concepción a influencia do método científico, a medicina experimental e os inicios da psiquiatría, e pon en escena a psicoloxía duns personaxes dominados polos nervios, as desordes cerebrais e a forza do instinto, desprovistos do libre arbitrio e arrastrados a cada acto da súa vida polas fatalidades da carne. Ao fío da intriga, Zola explora as manobras utilizadas polos dous protagonistas para satisfaceren os seus desexos, a exacerbación das súas ardencias, o peso dos remorsos e as accións cada vez máis temerarias.



Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego