Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TERCIARIZACIÓN, SERVIZALIZACIÓN E SUSTENTABILIDADE

€12,00
ISBN 9788484089636
Terciarización e servizalización na innovación do sector agrario. Factores impulsores e efectos na sustentabilidade da gandería e da viticultura en Galicia Un fenomeno que marca a dinámica nas últimas décadas é o profundo cambio estrutural que afecta ao conxunto do sistema económico e ne especial ao sistema productivo

A demanda de servizos no sector agrario representa unha estratexia adaptativa das explotacións aos cambios institucionais e de mercado. A co-evolución das dinámicas do sector agroalimentario, os patróns sectoriais de innovación, os cambios na política pública e nas convencións alimentarias, así coma os cambios en organización, xunto coas mudanzas nas estruturas agrarias, impulsan unha crecente complexidade e especialización nos procesos produtivos das explotacións, que requiren do apoio de servizos diversos. As pautas de terciarización do sector agrario están en liña co réxime tecno-económico dominante, e difiren segundo a orientación e o sistema produtivo das explotacións. Os servizos tamén poden contribuír á mellora da sustentabilidade do sector agrario. A través da servizalización, as cooperativas agrarias contribúen á eco-eficiencia das explotacións. O uso compartido de recursos, o acceso a novas tecnoloxías e a coñecemento especializado son clave para a consecución de ganancias medioambientais, e van parellas á obtención de vantaxes económicas.

____

Editorial: Andavira
Idioma: Gallego