Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TEORÍA DO CAOS

Esgotado
€17,00
ISBN 9788483026946
Premio Xerais de Novela, 2001 - Premio Literario Arcebispo San Clemente, 2002 Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesadelo pola morte do cabo Agapito, a quen atoparon na corredoira do monte coa cabeza desfeita por tres disparos.

 Nesa noite, Paco recordaba o que lle dixera Lucía, cando os dous eran militantes dun partido clandestino formado por a penas un cento de revolucionarios: “deixar de ser novo era cifrar as aspiracións dunha vida non en salvar a Patria, senón en chegar a alcalde dunha vila de segunda”. Podería ser certo, pero para este médico, dedicado á actividade política, a vida tampouco lle ía tan mal, despois de pasarse ao partido conservador e a pesar do permanente litixio que mantiña con Pousada, o alcalde de Mirandela, pola delimitación da extrema entre os dous concellos. Un conflicto que o desacougaba e ao que non era alleo, tampouco, o destino do Monte, ese faro de luz branca, o último paraíso que quedaba na comarca, onde teimaba en ubicar un vertedoiro para o tratamento dos residuos. Outro feito que o enfronta co seu propio fillo, Antonio “ O Roxo”, o inquedo estudiante de Físicas, o ecoloxista e líder da oposición veciñal contra o vertedoiro que propón un plan alternativo de reciclaxe integral. Ademais, Paco mantiña unha actividade secreta, a da escritura dunha colección de vidas paralelas, vidas de heroes que publica baixo o alcuño de Roi de Neisón na páxina web do Batallón Literario da Costa da Morte. Vidas como a de Roque Dalton, o comandante Che Guevara ou Rosa Luxemburgo. Paco, sen dúbida, agacha con esas vidas paralelas a súa loita na procura do paraíso.Teoría do caos é a novela de madurez de Marilar Aleixandre, unha das nosas máis importantes narradoras, coidadosamente construída en forma de traxedia clásica e estructurada sobre tres planos que se van intercalando. Novela ambiciosa e aberta propón aos lectores múltiples lecturas do enfrontamento dialéctico de dúas xeracións e a confrontación de formas de entender o xeito de conquistar o paraíso, de recuperar a levidade, de vivir a vida.

.

____

Editorial: Xerais 10-2001
Idioma: Galego

También te podría interesar...

  • OVELLA DESCARREIRADA

    OVELLA DESCARREIRADA

    Marilar Aleixandre
    €16,15

    Premio Xerais de Novela, 2001 - Premio Literario Arcebispo San Clemente, 2002 Paco, o alcalde de Santorén, unha vila da Costa Morte, sofre un pesa...

    Ver todos os detalles
  • TERRADENTRO

    TERRADENTRO

    Xosé Benito Reza
    €19,00

    Nunha vila galega do interior, próxima á fronteira, a vida fervía a mediados do século pasado. Era un mundo onde a luz a puñan os paisanos das alde...

    Ver todos os detalles
  • NARCOS

    NARCOS

    Carlos G. Reigosa
    €20,00

    O empresario vigués Mario Cendán, un pai ferido pola morte da súa filla por sobredose, encarga a Nivardo Castro –un detective madrigalego, serio, u...

    Ver todos os detalles
  • BARROTES DOURADOS

    BARROTES DOURADOS

    Pasqual Alapont
    €12,15

    A vida de Alexandre atópase nunha canella de difícil saída. Carolina, a súa moza, morreu nun accidente de moto. Dende entón, para el xa nada ten se...

    Ver todos os detalles
  • NAS CATACUMBAS

    NAS CATACUMBAS

    Xavier Alcalá
    €15,50

    Unha posguerra cruel. A nova entrega da triloxía "Evanxélica memoria", proxecto narrativo co que Xavier Alcalá conta en clave de novela a represión...

    Ver todos os detalles