Tras chegar a Cuba en 1961, Xosé Neira Vilas involucrouse activamente no proceso de transformación social do país, onde descobre a forte pegada da emigración galega, a partir da que ficciona os personaxes que lle son próximos.
En Tempo Novo ambienta os seus relatos neste período de cambio que se opera na illa tras a Revolución de 1953, onde nos achega o desarraigamento dos galegos e as súas esperanzas nos cambios sociais que se estaban a operar, de par que nos ofrece “notables retratos e descricións de escenas e costumes que teñen que ver cos galegos emigrados”, en palabras de Luís Seoane, entre os que destaca a imaxe da muller galega, comprometida e implicada no convulso proceso histórico cubano, que se afasta da imaxe tradicional asentada na literatura daquel tempo.
____
Editorial: Galaxia 2022Idioma: Galego