Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

TECENDO REDES

€19,50
ISBN 9788411761550

 IV PREMIO NOVELA VILAR PONTE 2023


 Que farías se che ofrecen o posto de traballo que estabas a agardar, pero debes compartir espazo coa persoa que arruinou a túa vida? Verónica, a protagonista desta novela, non renuncia ao seu soño profesional, mais tampouco a vingar os feitos que marcaron a súa vida para sempre. De súpe-to todo se torce, ao día seguinte de firmar o contrato e deixar as súas pertenzas no despacho que ía compartir con Bruno Agueiro, este aparece morto. A cidade érguese conmocionada coa nova do asasinato do catedrático e Verónica non tarde en se converter na principal sospeitosa. Sen dúbida tiña motivos para acabar coa súa existencia, pero non era a única.

Tecendo redes é unha novela de intriga, que tamén esculca nas miserias da sociedade e nas vítimas dos abusos de poder, na dor do silencio e na culpa. Unha lectura trepidante que te deixará sen alento.

IRENE REGA JUL (Cervo, 1996) é mestra e está graduada en Educación Primaria.
Medrou nun fogar cheo de libros e dende moi pequena inculcáronlle a paixón
pola lectura. Comezou a escribir as súas historias aos dezaseis anos e, con elas, a
gañar algúns premios. Participou en distintas antoloxías, ata que en febreiro de 2018 publicou a novela Si pierdo, tú me encuentras, e, en xuño de 2019, a súa continuación Si me pierdo, búscame.
En 2022 obtivo o premio Illa Nova de Narrativa coa súa primeira obra en gale go, A malferida. Nese mesmo ano gañou o IV Premio de Novela Vilar Ponte con Tecendo redes.

____

Editorial: Galaxia 10-2023

Idioma: Galego