SOÑO DA INFANCIA — Librería Abrente Ir ao contido

SOÑO DA INFANCIA

€17,00
SKU 9788491211587
"Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta –última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía— accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.

A medio camiño entre a lembranza pausada propia dos libros de memorias e o ritmo vibrante dos relatos de aventuras, "Soño de infancia" recrea con orixinalidade, humor e tenrura a nenez e o espertar á adolescencia de Ramón, un rapaz dos arrabaldes da Coruña que, coma todos os que foron nenos ata finais dos anos sesenta –última fronteira entre os xogos da rúa e a tecnoloxía— accede ás grandes aprendizaxes da vida alleo á mirada adulta.«Velaquí unha proposta narrativa pouco frecuente coa que o seu autor, Moncho Rouco, aparece na literatura galega, novel e vizoso pero con ampla experiencia, para deixarnos un relato orixinal, divertido e reflexivo a un tempo. Sospeito que o seu Soño correrá o destino daqueles libros privilexiados que nos gusta compartir.»María Xosé Porteir



Editorial: Xerais
Idioma: Gallego