Ir ao contido
¡Inauguramos a nosa nova web baixando os gastos de envío a 2,95€! 📦
¡Baixamos os gastos de envío a 2,95€! 📦

SOMOS DE ARXERÍS

€13,00
ISBN 9788494683770
A persoa que escribe e a que ilustra estas páxinas viñeron ao mundo por primeira vez nun luscofusco. De Xosé Carlos sábese que naceu chorando tanto que as súas bágoas confundíanse coa choiva dunha cicloxénese que lle cedeu espazo ao ceo para que o nato puidese ver o solo que se deitaba. De Fuco, que ese día bosquexaba unha instantánea desa luz, que se precipitaba entre a choiva, batendo o record guiness de arcos da vella por metro cadrado.

Nesas estamos porque aínda -esperamos- queda moito por vivir. Como a Arxerís, que se constrúe con persoas. Cos teus ollos de turista, aos que lles ofrecemos un fogar. Adiantámosche que, se aceptas, pode que descubras que es máis hóspede de Arxerís do que acertas a crer. Atréveste a comprobalo? Talvez desveles o misterio do luscofusco...  

____

Editorial: Toxosoutos
Idioma: Gallego