Ir ao contido

SOLO RÍVAS FONTÁN

€24,00
SKU WP4655

Memorias de un político lejos del rebaño.

Un dos políticos imprescindibles para entender a historia recente de Pontevedra e tamén a Transición política en Galicia e España leva a cabo un exercicio de sinceridade abrumadora. “Un thriller que se lee de un trago”, afirma Manuel Jabois, autor do prólogo.

¿Quen é José Rivas Fontán? ¿O primeiro alcalde democrático de Pontevedra? ¿O líder sindical do movemento de mestres que acabou como deputado constituínte nas filas da UCD de Adolfo Suárez? ¿O primeiro secretario xeral da Xunta de Galicia? ¿O home que se enfrontou a Luciano Varela e sufriu un 'via crucis' xudicial? ¿O político que coñeceu a fondo a Mariano Rajoy, a Manuel Fraga, a Xosé Cuíña ou ao propio Suárez? ¿A vella gloria que se foi do PP dando un portazo? ¿Ou é tamén Pepiño da Gándara, aquel neno de Verducido? ¿Ou o pai que asistía impotente ao seu desfile xudicial no Telediario das tres? ¿O alcalde que plantou batalla ou o ser humano que notaba unha erosión interior abraiante e imparable? Todas esas persoas conforman este José Rivas Fontán poliédrico, un protagonista imprescindible para entender non só a historia de Pontevedra, que corre paralela á súa, senón a dun país e a súa democracia; un retrato debuxado nunhas memorias que, sabiamente armadas polo xornalista Adrián Rodríguez, constitúen un exercicio de sinceridade abrumadora.