Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SOBRE CLONS E XENES

€15,00
ISBN 9788489896925
Os ensaios que compoñen este libro están dedicados a algúns dos temas relacionados co impacto social da bioloxía de meirande transcendencia e actualidade, como son a clonación e o Proxecto Xenoma Humano.

O desenvolvemento meteórico da bioloxía celular e molecular nos últimos anos abre a porta á posibilidade de importantes aplicacións médicas destas investigacións pero, ao mesmo tempo, suscita interrogantes sobre posíbeis usos abusivos que poidan traducirse en situacións discriminatorias para certos grupos de persoas. A transformación da investigación biotecnolóxica nunha nova industria con fortes investimentos tamén está a crear novos problemas de grande impacto social.

Nestes ensaios discútense, desde unha perpectiva crítica, algunhas das principais cuestións que suscita este desenvolvemento da bioloxía, coa intención de formular interrogantes e de expoñer os pros e contras destas investigacións, que tanto interese están a levantar entre un público cada vez máis interesado.

____

Editorial: Laiovento 2001
Idioma: Galego