Ir ao contido
Gastos de envío dende 1,95€! 📦
Gastos de envío dende 1,95€! 📦

SOBRE A NATUREZA DAS COUSAS

€21,00
ISBN 9788417388553

De rerum natura é un poema didáctico, datado no século I a.C. Ao longo dos seis libros que o compoñen, Lucrecio refl exiona sobre a orixe do universo, poñendo en xogo a teoría atomista de Demócrito e a fi losofía de Epicuro. En última instancia, o autor pretende liberar o ser humano dos medos impostos pola tradición e do temor á morte, nun universo exento de deuses que, de existiren, non se interesan en absoluto polo mundo dos homes.


A obra de Lucrecio representa un punto de inflexión no pensamento romano, xa que pon de manifesto unha visión revolucionaria do mundo e do ser humano.


Tito Lucrecio Caro naceu o ano 96 ou 94 a.n.e. e morreu arredor do 50, tal e como se desprende do breve testemuño achegado por Xerome no seu Chronicon. Este autor refi re que Lucrecio se quitou a vida aos 44 anos, despois de sucumbir á loucura a causa dun filtro de amor; nos momentos intermitentes de lucidez tería
conseguido escribir De rerum natura. Parece claro que esta alusión á posíbel tolemia de Lucrecio serve para encaixar a súa visión do amor contida no libro IV e tamén para desacreditar aqueles aspectos da súa doutrina que resultaban máis conflitivos.

____

Editorial: Rinoceronte

Idioma: Galego