Neste ensaio histórico amósase a existencia na Gallaecia prerromana dunha ideoloxía da realeza,
ou da soberanía, semellante á difundida no conxunto do mundo celta na antigüedade. Por outra
banda proponse o exame dunha serie de sitios arqueolóxicos formados por petroglifos que
consideramos operativos entre os galaicos prerromanos.
____