A ampla selección de poemas desta antoloxía fíxose seguindo os criterios da representabilidade, a calidade e tamén o gusto persoal das súas responsables.
A orde na que se presentan non é necesariamente cronolóxica, xa que respecta a asignada pola poeta nos orixinais. Ademais dos libros publicados como tales pola propia Akhmátova, baixo o nome de “O que non entrou nos libros” inclúense poemas publicados en vida da autora, ou preparados por ela para a súa publicación, incluídos en cartas, regalados a amigos, etc. Na sección “Borradores e esbozos” figuran versos atopados nos arquivos da poeta e publicados post mortem. Tradución do ruso de Ekaterina Guerbek e Penélope Pedreira

____